Serxio Iglesias Rodríguez, nado en Buenos Aires en 1966, é un poeta galego.

Traxectoria Pasa a súa infancia e mocidade na cidade da Coruña. Comeza a escribir poesía nos anos oitenta, publicando algún poema en revistas como Agália e Luzes de Galiza. Foi membro do colectivo Ronseltz e do Batallón Literario da Costa da Morte.

Vive en Corcubión e é profesor de Lingua e Literatura galegas no IES Fernando Blanco de Cee.

Obras Poesía Métodos para afogar un cisne, 2002, Positivas. Reeditado no 2012. Viaxe ao interior da fenda, 2013, Sotelo Blanco.

Obras colectivas Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados, 1994, Positivas. Nós, 1997, Batallón Literario da Costa da Morte. Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas, 1997, Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso. De Pondal ao Batallón Literario (120 anos de poesía na Costa da Morte, 2009, Sotelo Blanco. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).

Premios Premio do Concello de Culleredo. Premio Meigas e Trasgos. Premio do Círculo de Artesáns. XXV Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 2012, por Viaxe ao interior da fenda.

Véxase tamén Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega. Perfil en As escollas electivas

Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1966 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón