A Primeira División de México é a máxima categoría do campionato nacional de fútbol profesional en México. Organizada pola Federación Mexicana de Fútbol dende 1943, en 1996 comezou a disputarse cun formato de dous torneos por tempada, chamados Torneo Apertura e Torneo Clausura. O equipo máis laureado na historia do campionato é o Club Deportivo Guadalajara, con 11 títulos no seu palmarés, mentres que o actual campión é o Tigres de la UANL. Trátase do campionato máis dominante na zona Concacaf, pois os equipos mexicanos conquistaron 27 das 46 edicións da Liga de Campións da Concacaf. Segundo a IFFHS é a 10ª liga máis competitiva do mundo.

Formato 18 equipos compiten cada tempada polos dous torneos, Apertura e Clausura. Ámbolos dous torneos consisten nunha liga de 17 xornadas, é dicir, cada equipo xoga un encontro fronte a cada rival. Ó remate da tempada regular, os 8 primeiros clasificados da táboa disputan as eliminatorias polo título, partindo dos cuartos de final. Cada eliminatoria é a dobre encontro, incluíndo a final. Nos cuartos de final e nas semifinais é importante a posición ocupada durante a tempada regular, xa que en caso de que unha eliminatoria remate con empate, non se disputa ningunha prórroga nin quendas de penaltis, senón que o gañador é o equipo mellor situado na táboa clasificatoria.

O campión e subcampión de cada torneo (Apertura e Clausura), acadan o dereito a disputar a Liga de Campións da Concacaf da seguinte tempada. Ó mesmo tempo, os 3 primeiros clasificados da táboa ó remate da tempada regular do Torneo Apertura, teñen garantida a súa participación na Copa Libertadores desa mesma tempada.

Equipos Na seguinte táboa están representados os 18 equipos participantes no Torneo Apertura 2011 e no Torneo Clausura 2012, ó cabo do cal haberá descensos e ascensos: EquipoCidadePrimeiraparticipaciónParticipaciónsEn 1ª dende...ParticipaciónsconsecutivasTorneosgañadosEstadioCapacidadeClub América México 1943-44861943-448610Azteca105,064Club de Fútbol Atlante Cancún1943-44841991-92373Quintana Roo20,000Club Atlas de Guadalajara Guadalaxara 1943-44831979-80491Jalisco56,713Cruz Azul México1964-65651964-65658Azul35,161Club Dep. Estudiantes Tecos Guadalaxara 1975-76531975-76531Tres de Marzo23,000'''Club Deportivo Guadalajara Guadalaxara 1943-44861943-448611Omnilife45,500Jaguares de Chiapas Tuxtla Gutiérrez2002-03192002-03190 Víctor Manuel Reyna25,222Club de Fútbol Monterrey Monterrey1945-46711960-61694Tecnológico38,622Monarcas Morelia Morelia1957-58581981-82471Morelos38,869Club de Fútbol Pachuca Pachuca1967-68371998-99275Hidalgo30,000Puebla Fútbol Club Puebla1944-45662007-0892Cuauhtémoc46,648Querétaro Fútbol Club Querétaro1990-91152009-1050Corregidora38,545San Luis Fútbol Club San Luis Potosí 1971-72212005-06130Alfonso Lastras Ramírez30,000Club Santos Laguna Torreón1988-89391988-89393TSM Corona30,000Tigres de la UANLMonterrey1974-75511997-98293Universitario45,000Club TijuanaTijuana2011-1212011-1210Caliente16,000Deportivo Toluca Toluca1953-54761953-547610Nemesio Díez27,000Club 'UNAM' México1962-63671962-63677Olímpico Universitario73,186

Véxase tamén Outros artigos Concacaf Liga de Campións da Concacaf Major League Soccer Copa Libertadores Véxase tamén Páxina oficial da Primeira División de México

Categoría:Ligas de fútbol de México Categoría:Ligas de fútbol de primeira división de América do Norte