DeAndre Desmond Liggins, nado o 31 de marzo de 1988 en Chicago, Illinois, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos London Lions da British Basketball League.

Traxectoria universitaria Liggins xogou tres anos para a Universidade de Kentucky. Pasou os seus dous primeiros anos saíndo case sempre dende o banco, pero no seu ano coma júnior, o adestrador John Calipari decidiu poñelo de titular. O remate da tempada, Liggins declarouse elixible para o Draft da NBA de 2011.

Traxectoria profesional O 23 de xuño de 2011, Liggins foi elixido na 53ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Orlando Magic. Fixo o seu debut na NBA para Orlando nun partido fóra da casa contra os Milwaukee Bucks, onde conseguiu 3 puntos en 10 minutos de xogo.

O 12 de setembro de 2012, asinou cos Oklahoma City Thunder. Durante a tempada 2012-13, foi asignado en varias ocasións ós Tulsa 66ers, afiliado dos Thunder na NBA Development League. O 6 de setembro de 2013, foi cortado polos Thunder.Thunder Waives DeAndre Liggins

O 25 de febreiro de 2014, Liggins asinou un contrato de dez días cos Miami Heat.HEAT Signs DeAndre Liggins

O 5 de agosto de 2019, anunciouse a súa fichaxe por unha tempada polo Baloncesto Fuenlabrada da Liga ACB. O 29 de outubro de 2019, Liggins e o Fuenlabrada acordaron a rescisión do seu contrato.Montakit Fuenlabrada y DeAndre Liggins separan sus caminos

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Chicago Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores do Eisbären Bremerhaven Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores do Kolossos Rodou BC Categoría:Xogadores do Baloncesto Fuenlabrada Categoría:Xogadores dos London Lions