Hannibal é un filme estadounidense de terror dirixido por Ridley Scott que se estreou no 2001. Baséase na novela Hannibal de Thomas Harris.
Sinopse Pasaron dez anos dende que Lecter, despois da súa entrevista coa axente do FBI Clarice Starling, escapara do hospital de máxima seguridade no que estaba recluído. Agora vive en Florencia, pero Starling non puido esquecelo e a súa fría voz segue resoando nos seus soños. Mason Verger tamén lembra a Lecter: foi a súa sexta vítima e, pese a ficar horribelmente desfigurado, logrou sobrevivir. Tras herdar unha fortuna, Verger decide empregala en satisfacer os seus desexos de vinganza, pero axiña se decata de que, para sacar a Lecter do seu agocho, débelle poñer diante un cebo irresistíbel: Clarice Starling.
Personaxes Anthony Hopkins como Dr. Hannibal Lecter Julianne Moore como Clarice Starling Gary Oldman como Mason Verger Ray Liotta como Paul Krendler Giancarlo Giannini como Chief Inspector Rinaldo Pazzi Željko Ivanek como Dr. Cordell Doemling Hazelle Goodman como Evelda Drumgo Frankie R. Faison como Barney Matthews Ivano Marescotti como Carlo Deogracias Francesca Neri como Allegra Pazzi Danielle de Niese como Beatrice
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Ridley Scott Categoría:Filmes con banda sonora de Hans Zimmer Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes de Scott Free Productions Categoría:Filmes producidos por Dino De Laurentiis Categoría:Filmes rodados en Virxinia Categoría:Filmes rodados na República Checa Categoría:Filmes rodados en Carolina do Norte Categoría:Filmes ambientados en 2000 Categoría:Filmes sobre asasinos en serie Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América