Xosé Ignacio Silva Regueira, nado en Carballo en 1978, é un avogado e escritor galego.

Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña. Ten recibido numerosos premios polo seu labor narrativo. En 2011 publicou o seu primeiro libro, Cara B (Xerais), unha obra que recolle tres novelas curtas, ou relatos longos, premiados nos certames literarios da Pobra do Caramiñal, Ribeira e Soutomaior: "Cela Aberta", "Vertixes" e "Escintileos".

Obras Narrativa Cara B, 2011, Xerais.

Obras colectivas Gzcrea 2006: Certame Galego de Creadores Novos: relatos, 2007, Laiovento/Xunta de Galicia. Catro esquinas e cinco contos máis, 2008, Concello de Ourense/Agrupación de Libreiros de Ourense. Follas de Carballo, 2011, Asociación Cultural Lumieira. Contos da taberna, 2014, Edicións Embora.

Premios Premio GZCrea de relato no 2006, por Alén dos sentidos. Premio Ourense de Contos para a Mocidade no 2008, por Catro esquinas. Gañador do Certame Literario Valle-Inclán no 2008, por Cela aberta. Segundo premio do Certame de Relatos Curtos Os Viadutos no 2008, por Tic-Tac. Gañador do II Premio de Novela Curta Cidade Centenaria do Concello de Ribeira no 2009, por Vertixes. Gañador do II Premio de Micronovela do Concello de Soutomaior no 2009, por Escintileos. Gañador do Certame Manuel Murguía de narracións breves en 2022, por O rubor da dignidade, Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor en Xerais

Escribir non é gañar premios. Entrevista en La Voz de Galicia.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Carballo

Categoría:Nados en 1978 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes