O Club Deportivo Tuilla é un club de fútbol da parroquia de Tuilla, no concello asturiano de Langreu. Foi fundado en 1952 e actualmente xoga na Terceira División Española.
Historia miniatura|Campo de fútbol El Candín. Ao principio na súa fundación creouse unha xunta prol-campo durante cinco anos, que impulsou e fixo grandes melloras no terreo de xogo coa colaboración da Empresa Duro Felguera. O 11 de xullo inscríbese en Segunda Rexional, sendo presidente Arsenio Antuña, acompañádole como directivos a maior parte da xunta prol-campo.
O 18 de outubro de 1952 tivo lugar o luctuoso suceso do falecemento do porteiro Manuel García Mata nun partido xogado contras o Unión Estudiantes de Gijón. O accidente ocorreu ao caer sobre o balón. Solicitou o Club á Federación permiso para levar brazalete negro durante toda esa tempada e foille concedido.
A campaña máis soada con eco en toda España, foi a de 1954/55, na que quedou campión de Segunda Rexional, marcando en 22 partidos 123 goles. Era presidente do Club Justo Fernández Antuña.
Neste século XXI proclamouse campión da Copa Real Federación de Fútbol a nivel autonómico na edición 2007/08, chegando a semifinais a nivel nacional.
A tempada 2012/13 converteuse na máis exitosa da historia do club ao conseguir proclamarse campión da Copa Federación a nivel autonómico e tamén o campionato de Terceira División por primeira vez na historia.
Uniforme
Uniforme titular: Camiseta branquiazul arlequinada, pantalón branco, medias azuis e brancas. Uniforme alternativo: Camiseta con franxas horizontais negras e rosas , pantalón e medias negras.
Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 0 Tempadas en 3ª: 19
Historial na liga TempadaCategoríaPostode 52-53Rexional—a 86-87Rexional—1987/883ª18º1988/89Rexional—1989/90Rexional—1990/91Rexional—1991/923ª17º1992/93Rexional—1993/94Rexional—1994/953ª17º TempadaCategoríaPosto1995/96Rexional—1996/973ª14º1997/983ª9º1998/993ª6º1999/003ª13º2000/013ª19º2001/02Preferente4º2002/03Preferente4º2003/04Preferente8º2004/05Preferente3º TempadaCategoríaPosto2005/063ª15º2006/073ª5º2007/083ª6º2008/093ª6º2009/103ª7º2010/113ª4º2011/123ª4º2012/133ª1º2013/143ª6º2014/153ª4º2015/163ª5º2016/173ª
Adestradores destacados Abelardo Fernández Ricardo Bango
Palmarés Terceira División Española (1): 2012-13
Véxase tamén
Ligazóns externas Web de afeccionados do Tuilla
Tuilla Tuilla Categoría:Langreu