George Elwood Smith, nado en White Plains, Nova York o 10 de maio de 1930 e finado en Barnegat Township, New Jersey, o 28 de maio de 2025, foi un físico estadounidense, coinventor xunto a Willard Boyle do sensor CCD, invención pola cal foron galardoados co Premio Nobel de Física de 2009.

Traxectoria Smith comezou os seus estudos na Universidade de Pensilvania, en 1955, e obtivo o seu doutoramento na Universidade de Chicago en 1959, disertando sobre un guión de só tres páxinas. Traballou nos Laboratorios Bell, en Murray Hill (Nova Jersey), desde 1959, até a súa xubilación en 1986, onde dirixiu investigacións sobre láseres e dispositivos semicondutores. Durante toda a súa carreira, Smith conseguiu ducias de patentes e dirixiu o departamento de VLSI de Bell.

En 1969, Smith e Willard Bayle inventaron o CCD, polo cal recibiron a medalla Stuart Ballantine do instituto Franklin, en 1973. Tamén recibiron o premio Memorial Morris N. Liebmann do IEEE, o premio Charles Stark Draper en 2006, e por último, o premio Nobel de Física en 2009.

Boyle e Smith eran grandes navegantes, que realizaban habitualmente travesías xuntos. Despois da súa xubilación, Smith, navegou ó redor do mundo coa súa esposa Janet, durante cinco anos.

Residiu en Waretown, Nova Jersey.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Perfil en invent.org

Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Westchester, Nova York Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2025 Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América