O ácido 1,3-difosfoglicérico (1,3-DPG) ou ácido 1,3-bisfosfoglicérico (1,3-BPG) é unha molécula moi importante no metabolismo, que intervén na súa forma desprotonada como 1,3-difosfoglicerato na glicólise e no ciclo de Calvin da fotosíntese.

É un ácido carboxílico de 3 carbonos, que leva dous grupos fosfato, un esterificado no carbono 3 e o outro unido ao grupo carboxilo do carbono 1, e un grupo OH no carbono 2 en posición D.PubChem compoundChemSpider O fosfato unido ao carboxilo forma un enlace de alta enerxía.

Na glicólise e gliconeoxénese O 1,3-difosfoglicerato (1,3-DPG) fórmase na glicólise pola fosforilación (por adición dun fosfato inorgánico) do D-gliceraldehido 3-fosfato (G3P), en reacción catalizada pola gliceraldehido 3-fosfato deshidroxenase, na que se produce a redución dunha molécula do coencima NAD+ a NADH + H+. É a única reacción da glicólise na que se forma poder redutor (o NADH) A. Lehninger. Principios de Bioquímica. Omega. (1988). Páxinas 408-411, 567, 665. ISBN 84-282-0738-0.

75pxG3P + NAD+ + Pi  50px|⇌  NADH + H+ + 75px1,3-DPG Gliceraldehido 3-fosfato deshidroxenase

Seguidamente, o 1,3-difosfoglicerato formado vaise transformar en 3-fosfoglicerato (3PG). O grupo fosfato unido ao carboxilo de alta enerxía permite que na reacción se desprenda e fosforile a unha molécula de ADP, orixinando ATP, o que é unha fosforilación a nivel de substrato na que se produce enerxía na glicólise. A reacción está catalizada pola fosfoglicerato quinase.

75px1,3-DPG + ADP  50px|⇌  ATP + 75px3PG Fosfoglicerato quinase

O 1,3-difosfoglicerato tamén intervén na gliconeoxénese realizando reaccións inversas ás da glicólise .

No ciclo de Calvin As reaccións que sofre o 1,3-difosfoglicerato no ciclo de Calvin da fase escura da fotosíntese son inversas ás que realiza na glicólise, coa diferenza que o coencima que intervén agora é o NADPH + H+ en vez do NAD+.

O 3-fosfoglicerato foi o primeiro composto estable que se formou no ciclo despois da fixación do CO2. A partir del orixínase o 1,3-difosfoglicerato, que inicia a ruta para formar as triosas-fosfato do ciclo, orixinando primeiro gliceraldehido 3-fosfato .

Formación 75px3PG + ATP 50px|⇌ ADP + 75px1,3-DPG

Transformación 75px1,3-DPG + NADPH + H+ 50px|⇌ NADP+ + Pi + 75pxG3P

No transporte de osíxeno polo sangue No metabolismo humano aproximadamente unha molécula de 1,3-difosfoglicerato de cada cinco é desviada da glicólise nos eritrocitos pola difosfoglicerato mutase (ou bisfosfoglicerato mutase), que cataliza a súa isomerización a 2,3-difosfo-D-glicerato (2,3-DPG) :

75px1,3-difosfo-D-glicerato 50px|⇌ 175px2,3-difosfo-D-glicerato Difosfoglicerato mutase

O 2,3-difosfoglicerato actúa estabilizando a forma desoxi da hemoglobina, o que favorece a liberación do osíxeno, facendo o transporte deste polo sangue máis eficaz. Na medida en que a taxa de 1,3-difosfoglicerato tende globalmente a aumentar cando os niveis de osíxeno atmosférico diminúen, a taxa de 2,3-difosfoglicerato crece proporcionalmente, de maneira que a curva de afinidade da hemoglobina polo osíxeno se axusta a fin de optimizar o transporte deste gas polo sangue cando a presión parcial de dito gas tende a baixar.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Glicólise Ciclo de Calvin Ácido glicérico

Bibliografía

Bruce Alberts et al. Molecular Biology of the Cell, Garland Science, Nova York, 2001. ISBN 978-0-8153-4072-0. William J. Germann, Cindy L. Stanfield, Principles of Human Physiology,, Benjamin Cummings, San Francisco, 2002. ISBN 978-0-8053-6056-1. Lubert Stryer et al. Biochemistry. W. H. Freeman, quinta edition, Nova York, 2002. ISBN 978-0-7167-4684-3.

Categoría:Ácidos carboxílicos Categoría:Glicólise Categoría:Organofosfatos Categoría:Fotosíntese