CALIPSO (acrónimo de Cloud-Aerosol Lidar and Infrared Pathfinder Satellite Observation) é un satélite artificial conxunto da NASA e o CNES lanzado o 28 de abril de 2006 mediante un foguete Delta II 7420 desde a base Vandenberg da Forza Aérea xunto co satélite CloudSat.
Características CALIPSO, xunto cos satélites CloudSat, Aqua, PARASOL e Aura, forman o chamado A-train, unha serie de satélites de observación terrestre que traballan conxuntamente para estudar os océanos, as terras e a atmosfera terrestres e que comparten órbita.
O satélite está adicado á observación e determinación das propiedades das nubes e aerosois presentes na atmosfera.
Instrumentación CALIPSO leva tres instrumentos a bordo:
un lídar de dúas lonxitudes de onda (532 nm e 1064 nm) sensible á polarización. un radiómetro infravermello (IIR polas súas siglas en inglés). unha cámara gran angular.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos CloudSat Aqua (satélite) PARASOL Aura
Ligazóns externas Páxina de CALIPSO na NASA
Categoría:Satélites artificiais