O refuxio Elena (italiano: Rifugio Elena; francés: Refuge Hélène) é un refuxio de montaña dos Alpes Graios, situado na comuna de Courmayeur (Val de Aosta, Italia), no Val Ferret. Está a unha altitude de 2.062 metros.

Historia Foi construído pouco despois da primeira guerra mundial, mais unha avalancha destruíuno en 1965. Foi reconstruído en 1995.

Datos e características Atópase no Val Ferret, na localidade de Arnouvaz xusto debaixo da Col Ferret (2.643 m). É doado chegar a el por un amplo camiño. Ten unha excelente gastronomía e é un lugar de descanso para as excursións ao Bivacchi Fiorio e ao Colli Petit Ferret e Grand Ferret.

Leva o nome da raíña Elena de Montenegro, esposa do rei de Italia Vittorio Emanuele III.

Acceso O acceso faise a partir do Val Ferret. Unha vez na localidade de Arnouvaz (1.769 m) seguir o camiño e despois dunha hora chégase ao refuxio.

Ascensións Tête de Ferret (2.714 m) Mont Dolent (3.819 m)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do refuxio

Categoría:Refuxios de montaña Categoría:Xeografía de Italia