Chámanse variedades diafásicas as diferentes formas de falar que ten unha mesma persoa en función do contexto da comunicación.

Concepto Catro factores básicos o tema (xeral ou especializado), a canle (oral ou escrita), a intención (informar, divertir, convencer etc.) e o nivel de formalidade (grao de relación entre o emisor e o receptor). provocan que nas situacións comunicativas se distingan dúas variedades básicas (aínda que pode haber mais) de carácter diafásico: o rexistro formal e o rexistro informal, ou, dito doutro xeito, o código elaborado e o código restrinxido.

A variedade ou rexistro formal utilizase en xeral na escrita e en contextos orais formais. Presenta as seguintes características: Presenta un código elaborado (como sucede no nivel culto). Sintaxe variada e organizada. riqueza e precisión léxica. Adecuación á norma estándar. O tema adoita ser especializado. A intención da comunicación impersoal e obxectiva. O nivel de formalidade alto ou neutro. Procúrase unha lingua expresiva, aínda que non resulte económico.

É de uso minoritario. É o rexistro propio da administración, da ensinanza, dos medios de comunicación de masas,...

A variedade ou rexistro informal representa aqueles actos de fala espontáneos que tratan temas cotiáns, con intención persoal ou subxectiva e cun nivel baixo de formalidade; é a lingua oral coloquial ou familiar. Entre as características lingüísticas deste rexistro podemos sinalar as seguintes: grande riqueza de entoacións, uso de exclamacións e interrogacións retóricas. emprego de elipses e presuposicións, pois o emisor e o receptor dan por suposto parte da mensaxe á que se refiren implicitamente. abundancia de pronomes persoais tónicos. a sintaxe é desordenada: anacolutos, reiteracións, rupturas na mensaxe etc. o seu léxico é restrinxido, abundan as frases feitas e tics ou comodíns: non sei, eee, cousa, chisme, tío, etc. uso de castelanismos e de dialectalismos. predominan as funcións da linguaxe expresiva e apelativa.

Véxase tamén Outros artigos Variedades diacrónicas ou históricas. Variedades diatópicas: falares ou dialectos xeográficos. Variedades diastráticas: variacións na lingua segundo a clase social.

Categoría:Lingüística