Helloween é unha banda alemá de speed metal nada en 1984 en Hamburgo coa publicación dun EP homónimo, e que se converteu nun dos primeiros e maiores expoñentes dese subxénero. Os discos de 1987 e 1988 Keeper of the seven keys, part I e Keeper of the seven keys, part II convetíronse en clásicos e referencias dentro do panorama do Heavy Metal.
Da formación orixinal, só persisten Michael Weikath e Markus Großkopf.
Dende o seu nacemento, Helloween publicou 16 álbums de estudio, catro álbums ao vivo, tres EPs e 30 sinxelos, foi galardoada con 14 premios de ouro e seis de platino e vendeu máis de oito millóns de discos en todo o mundo. Helloween teñen sido chamados "os pais do power metal", así como un dos chamados "catro grandes" da primeira escena alemá do xénero, xunto con Grave Digger, Rage e Running Wild.
Membros actuais Andi Deris: vocais. Michael Weikath: guitarra. Sascha Gerstner: guitarra. Markus Großkopf: baixo. Dani Löble: batería.
Discografía
Helloween - 1985 Walls Of Jericho - 1985 (Noise Records) Keeper Of The Seven Keys Part I - 1987 (Noise Records) Keeper Of The Seven Keys Part II - 1988 (Noise Records) Pink Bubles Go Ape - 1991 Chameleon - 1993 Master Of The Rings - 1994 The Time Of The Oath - 1996 Better Than Raw - 1998 The Dark Ride - 2000 Rabbit Don't Come Easy - 2003 Keeper Of The Seven Keys - The Legacy - 2005 7 Sinners - 2010 Straight Out of Hell - 2013 My God-Given Right - 2015 (Nuclear Blast)
Notas
Categoría:Grupos musicais formados en 1984 Categoría:Grupos musicais de Alemaña Categoría:Grupos musicais de heavy metal Categoría:Grupos musicais de speed metal Categoría:Grupos musicais de power metal