A Primeira Categoría Serie A é o campionato nacional de fútbol profesional en Ecuador, organizado anualmente pola Federación Ecuatoriana de Fútbol dende 1957. O torneo consta de 12 equipos, que xogan dúas fases. A primeira fase dispútase no primeiro semestre do ano, e consta de 22 xornadas, é dicir, 2 voltas. A segunda fase dispútase no segundo semestre do ano, e consta doutras 22 xornadas. Ó remate das dúas fases, dispútase unha final entre os gañadores das dúas fases, para determinar cal é o campión do torneo. O actual campión é o Deportivo Quito, que acadou en 2011 o seu 5º título; mentres que os clubs máis laureados na historia da competición son o Barcelona SC e o CD El Nacional con 13 títulos, seguidos do CS Emelec e do LDU Quito con 10 títulos.

Os equipos ecuatorianos non tiveron moito éxito ó longo da historia da Copa Libertadores, a máxima competición continental en Suramérica. O Barcelona SC xogou dúas finais, nos anos 1990 e 1998, caendo en ámbalas dúas finais, fronte ó Club Olimpia e ó CR Vasco da Gama. Posteriormente, en 2008 o LDU Quito disputou a final fronte ó Fluminense FC, acadando nesa ocasión por vez primeira un equipo ecuatoriano o éxito continental.

Equipos 2012 EquipoCidadePrimeira participaciónTempadas totaisÚltimo retornoTempadas consecutivasCampionatos gañados Barcelona SC Guayaquil 195753 -481320px CD Olmedo Riobamba 19711920049120px CD Cuenca Cuenca 197135200211120px CD El Nacional Quito 1964491980491320px Independiente José Terán Sangolquí 2010320103020px CSD Macará Ambato 19602920121020px CS Emelec Guayaquil 1957531981481020px Técnico Universitario Ambato 197824201210 Liga de Loja Loja 2005320112020px Liga de Quito Quito 1960512002111020px Manta FC Manta 2003520094020px Deportivo Quito Quito 1957491980355 En 1964 o Barcelona non disputou o Campionato Nacional. O Deportivo Quito retornou a mediados de 1980 á Primeira División. O El Nacional retornou a mediados de 1980 á Primeira División. O Emelec retornou a mediados de 1981 á Primeira División.

Campións

AnoCampiónSubcampión1957Emelec (1)Barcelona1958Campionato cancelado1959Campionato cancelado1960Barcelona (1)Emelec1961Emelec (2)Patria1962Everest (1)Barcelona1963Barcelona (2)Emelec1964Deportivo Quito (1)El Nacional1965Emelec (3)Nueve de Octubre1966Barcelona (3)Emelec1967El Nacional (1)Emelec1968Deportivo Quito (2)Barcelona1969Liga de Quito (1)América de Quito1970Barcelona (4)Emelec1971Barcelona (5)América de Quito1972Emelec (4)El Nacional1973El Nacional (2)Universidad Católica1974Liga de Quito (2)El Nacional1975Liga de Quito (3)Deportivo Cuenca1976El Nacional (3)Deportivo Cuenca1977El Nacional (4)Liga de Quito1978El Nacional (5)Técnico Universitario1979Emelec (5)Universidad Católica1980Barcelona (6)Técnico Universitario1981Barcelona (7)Liga de Quito1982El Nacional (6)Barcelona1983El Nacional (7)Nueve de Octubre1984El Nacional (8)Nueve de Octubre1985Barcelona (8)Deportivo Quito1986El Nacional (9)Barcelona1987Barcelona (9)Filanbanco1988Emelec (6)Deportivo Quito1989Barcelona (10)Emelec1990Liga de Quito (4)Barcelona1991Barcelona (11)Valdez SC1992El Nacional (10)Barcelona1993Emelec (7)Barcelona1994Emelec (8)El Nacional1995Barcelona (12)Espoli1996El Nacional (11)Emelec1997Barcelona (13)Deportivo Quito1998Liga de Quito (5)Emelec1999Liga de Quito (6)El Nacional2000Olmedo (1)El Nacional2001Emelec (9)El Nacional2002Emelec (10)Barcelona2003Liga de Quito (7)Barcelona2004Deportivo Cuenca (1)Olmedo2005-Ape.Liga de Quito (8)Barcelona2005-Cla.El Nacional (12)Deportivo Cuenca2006El Nacional (13)Emelec2007Liga de Quito (9)Deportivo Cuenca2008Deportivo Quito (3)Liga de Quito2009Deportivo Quito (4)Deportivo Cuenca2010Liga de Quito (10)Emelec2011Deportivo Quito (5)Emelec

300px|miniatura|dereita|Monumental Isidro Romero, fogar do Barcelona SC. 300px|miniatura|dereita|Casa Blanca, fogar do LDU Quito. 300px|miniatura|dereita|Olímpico Atahualpa, fogar do CD El Nacional.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina focicial da Federación Ecuatoriana de Fútbol Páxina web Fútbol.ec Páxina web Ecuagol.com

Categoría:Ligas de fútbol de Ecuador Categoría:Ligas de fútbol de primeira división de América do Sur

it:Campionato ecuadoriano di calcio