Suicide foi unha banda estadounidense de protopunk electrónico, activa intermitentemente dende 1970 ata 2016 e formada por Alan Vega (voz) e Martin Rev (sintetizadores e caixas de ritmos). A pioneira música do grupo usaba instrumentación electrónica minimalista, como sintetizadores e caixas de ritmos primitivas, e as súas primeiras actuacións eran conflitivas e adoitaban a rematar en violencia.
A pesar de nunca chegar a ser moi populares entre o gran público, Suicide trátase dunha banda moi influente. O crítico Wilson Neate escribiu que Suicide "serían tan influentes como The Clash. Escoitar o seu álbum autotitulado de estrea de 1977 dende o punto de vista de finais do 2002 facíao obvio: os sons do synthpop, do techno e do dance industrial dance dos 80 e os 90, e do electroclash da actualidade, todos levan cara ese álbum fundacional".
En novembro de 1970 un flyer da banda foi dos primeiros anuncios en usar a frase "punk music" para un concerto.
Discografía Álbum Ano Selo Suicide 1977 Red Star Records Suicide: Alan Vega and Martin Rev 1980 Ze Records A Way of Life 1988 Chapter 22, Wax Trax! Records Why Be Blue 1992 Brake Out American Supreme 2002 Mute Records
Notas
Categoría:Grupos musicais de no wave Categoría:Grupos musicais de new wave Categoría:Grupos musicais de art punk Categoría:Grupos musicais de art rock Categoría:Grupos musicais de música industrial Categoría:Grupos musicais de synthpunk Categoría:Grupos musicais da cidade de Nova York Categoría:Grupos musicais formados en 1970