Jacques Cauvin, nado en 1930 e finado o 26 de decembro de 2001, foi un arqueólogo francés.
Traxectoria Especializado na prehistoria do Oriente Próximo, é particularmente coñecido pola súa hipótese sobre a xénese da produción de alimentos acontecida nos albores do Neolítico, exposta na súa principal obra, Naissance des divinités, naissance de l'agriculture (1994; en tradución literal ao galego, Nacemento dos deuses, nacemento da agricultura). Nela, réstalle importancia aos factores económicos como causa principal das primeiras prácticas agrícolas e gandeiras, e fai fincapé en factores relixiosos e simbólicos. Para Cauvin, tivo lugar unha "revolución simbólica" que actuou como motor de cambio na transición das sociedades cazadoras-recolectoras a sociedades produtoras. Este cambio alterou o universo máxico-relixioso das comunidades humanas, substituíndo o simbolismo terreal paleolítico, baseado nos animais, por un simbolismo divino, baseado nun elemento feminino principal, a Deusa-Nai, e un secundario masculino, o touro. Así, xenerouse por primeira vez, sempre seguindo a Cauvin, unha diferenciación entre o superior e divino e o inferior e humano. As evidencias arqueolóxicas nas que se fundamenta son as múltiples figuras femininas achadas nos xacementos do Neolítico Precerámico A de Oriente Próximo.
Obras Les outillages néolithiques de Byhlos et du littoral Libanais, París, Librairie d'Amérique et d'Orient, Jean Maisonneuve (Fouilles de Byblos tome IV), 1968. Religions néolithiques de Syrie-Palestine. París, Librairie d'Amérique et d'Orient, Jean Maisonneuve, 1972. Les premiers villages de Syrie-Palestine du IXe au VIIe millénaire avant Jésus-Christ. Lyon Maison de l'Orient méditerranéen (Collection de la Maison de l'Orient n° 4, Série archéologique 3), 1978. Diyânât al- 'asr al-hajarî al-hadîhfi bilâd al-sham (avec une préface et trad, arabe par S. Muhesen, de Religions néolithique de Syro-Palestine). Damas Dâr Dimashq, 1988. Naissance des divinités, naissance de l'agriculture. París, CNRS Éditions, 1994.
Véxase tamén Bibliografía Ripoll, S. et al (2011). Prehistoria. Las primeras etapas de la Humanidad. Editorial Universitaria Ramón Areces.
Ligazóns externas Recensión de Naissance des divinités, naissance de l'agriculture .
Categoría:Arqueólogos de Francia Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2001