A fascia braquial ou fascia donda do brazo é unha fascia do membro superior humano, que cobre o músculo pectoral maior e o músculo deltoide. Insírese en diversos puntos da cintura escapular: na clavícula, no acromion e na espiña escapular e forma unha cuberta delgada, formada de febras circunferenciais ou espirais. Outras febras verticais e oblicuas manteñen unida toda a estrutura.
É máis delgada sobre o bíceps braquial, pero máis grosa sobre o tríceps braquial, sobre os epicóndilo medial e lateral. Continúase a través da aponeurose do músculo pectoral maior e do músculo grande dorsal por dentro e pola aponeurose do músculo deltoide por fóra.
Desta fascia deriva un septo intermuscular que se insire no epicóndilo medial. Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.
Categoría:Fascias