O compartimento anterior do antebrazo é a parte anatomicamente máis anterior do antebrazo. Tamén se pode denominar compartimento flexor, debido a que case todos os músculos desta rexión son flexores. Outros realizan funcións de pronación.

A este compartimento pertencen os seguintes músculos, distribuídos en dous planos, un superficial e outro fondo. Nivel Músculo E/I Nervio superficial músculo flexor radial do carpo E mediano superficial músculo palmar longo E mediano superficial músculo flexor cubital do carpo E nervio cubital superficial músculo pronador redondo I mediano superficial (ou intermedio) músculo flexor común superficial dos dedos E mediano fondo músculo flexor común fondo dos dedos E cubital e mediano (nervio interóseo anterior) fondo músculo flexor longo do polgar E mediano (nervio interóseo anterior) fondo músculo pronador cadrado I mediano (nervio interóseo anterior)

As letras E e I refírense a inserción extrínseca (fóra do antebrazo) e intrínseca (no propio antebrazo).

Por este compartimento discorren ademais o nervio cubital e a arteria cubital. Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.

Categoría:Anatomía do membro superior