miniatura|350px|Plutón e as cinco lúas: Caronte, Hydra, Nix, Cérbero, e Estixia o 7 de xullo de 2012. Crédito: NASA. miniatura|350px|Imaxes de 2005 do Telescopio Hubble localizando a Hydra e Nix.
Existen cinco lúas coñecidas do planeta anano . A lúa mais grande de Plutón é Caronte; Caronte, de tódolos satélites do sistema solar é a lúa mais grande en comparación co seu planeta hospede, non existe ningunha outra lúa dun tamaño tan próximo ao do planeta orbitado, producíndose o efecto de planeta duplo, o outro sistema "satélite-planeta" que ten un efecto semellante ao de Plutón e Caronte é o da Terra e a Lúa. O sistema Terra-Lúa ocupa o segundo posto (nas proporcións planeta-lúa) despois do sistema duplo Plutón-Caronte.
Hydra, Nix, Cérbero, xunto con Estixia son os outros catro satélites de Plutón, e son mais pequenos que Caronte. Hydra e Nix foron localizados nas imaxes obtidas polo Telescopio Espacial Hubble os días 15 e 18 de maio do ano 2005.Cérbero foi descuberta no 2011, polo telescopio Hubble, a derradeira lúa Estixia, descuberta tamén telescopio Hubble en nove conxuntos separados de imaxes tomadas pola Cámara de Gran Angular 3 do Hubble, os días 26, 27 e 29 de xuño de 2012 e 7 e 9 de xullo de 2012. Segundo a nota de prensa o satélite ten unha orbita coplanar (no memo plano) que a dos demais satélites de Plutón, atopase nunha orbita circular a unha distancia orbital aproximada de 58 mil quilómetros.http://hubblesite.org/newscenter/archive/releases/2012/32/ .
Datos das lúas de Plutón As lúas están clasificadas segundo o seu período orbital. + Lúas de Plutón Nome Imaxe Diámetro (km) Masa (kg) Período orbital (días) Descubridor Ano Caronte 50px 1207 ± 3 (1,52±0,06)×1021 6,387230 James W. Christy 1978 Estixia 10-25 ? 20.2 +/- 0.1 Telescopio espacial Hubble 2012 Nix 46 - 137 5×1016 - 2×1018 24,856 Telescopio espacial Hubble 2005 Cérbero 13-34 ? 32,1 Telescopio espacial Hubble 2011 Hydra 61 - 167 5×1016 - 2×1018 38,206 Telescopio espacial Hubble 2005
Formación O sistema de lúas ó redor de Plutón é inesperadamente complexo e podería se-lo resultado dunha colisión no pasado distante entre Plutón e outro obxecto de tamaño considerable do cinto de Kuiper. As lúas de Plutón poderían se-la fusión dos cascallos xurdidos a partir dun evento destas características, semellante á teoría do Big Splash, esta teoría formula que a creación da lúa terrestre foi a partir dunha gran colisión. As resonancias orbitais podería actuar coma fendas para recolle-los materiais espallados dentro do sistema de Plutón.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Plutón
Ligazóns externas Animación do sistema das lúas de Plutón Web da misión da sonda espacial New Horizons, da NASA