María Ángeles Vázquez Mejuto, nada en Melide o 3 de abril de 1972, é unha política galega do PPdeG. Dende 2024 é a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.

Traxectoria Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Xeografía Aplicada. É profesora e técnica en información e cultura. Traballou na radio municipal de Melide.

Nas eleccións municipais de 1999 e 2003 presentouse na candidatura do PPdeG en Melide e foi elixida concelleira. En maio de 2004 foi elixida alcaldesa de Melide logo da dimisión do alcalde Miguel Pampín Rúa para centrarse no Senado. Nas municipais de 2007 foi cabeza de lista do PPdeG e perdeu a maioría absoluta da que gozara o partido nos últimos mandatos, se ben foi a candidatura máis votada. Desta forma, perdeu a alcaldía en favor da candidata do BNG tras un pacto entre esta formación e o PSdeG. Nese mandato foi deputada provincial. Nas eleccións xerais de 2008 foi candidata a deputada polo PPdeG pola provincia da Coruña, chegando a deputada en setembro de 2010 en substitución de Gerardo Conde Roa"A melidense Ángeles Vázquez substituirá no Congreso ao popular Conde Roa", artigo en El Progreso, 8 de setembro de 2010.. Nas municipais de 2011 encabezou novamente a candidatura do PPdeG a alcaldía de Melide e foi elixida alcaldesa con maioría absoluta, renunciando á súa acta no Congreso. Nas municipais de 2015 volveu ser elixida alcaldesa con maioría absoluta.

En outubro de 2015 foi nomeada Conselleira de Medio RuralNúñez Feijoo destitúe a Rocío Mosquera nunha ampla reestruturación do seu Goberno, artigo en Praza Pública, 4 de outubro de 2015.. Foi elixida deputada nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016, continuando á fronte de Medio Rural. En xaneiro de 2017 renunciou ao seu cargo de deputada no Parlamento de Galicia para centrarse na Consellería. En setembro de 2018 pasou a ocuparse da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Volveu ser elixida deputada nas eleccións de 2020, continuando á fronte da mesma consellería, e volveu renunciar en setembro de 2021 a canda moitos dos outros deputados que tamén eran conselleiros. En xuño de 2023 foi nomeada vicepresidenta segunda da Xunta de Galicia.Rueda entrega a Lorenzana el control de la economía y sitúa a Vázquez como vicepresidenta

Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada pola Coruña. Continuou no goberno da Xunta de Galicia como Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, nesta ocasión sen a vicepresidencia segunda.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Eleccións municipais en Melide Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición

Ligazóns externas Ficha no congreso dos Deputados "Deixarei o Congreso en xullo para dedicarme a Melide en exclusiva", entrevista en El Progreso, 19 de xuño de 2011.

Categoría:Alcaldes de Melide Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Melide Categoría:Nados en 1972 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia