Villacid de Campos é un concello español da provincia de Valladolid, en Castela e León. Pertence á comarca histórica da Terra de Campos.
Demografía Villacid de Campos ten unha poboación de 99 habitantes segundo o censo do INE de 2011.
Evolución demográfica de Villacid de Campos 1996 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 115 112 116 122 117 113 104 103 108 101
Economía A principal actividade dos seus habitantes é a agricultura e a gandería.
Monumentos Igrexa de Santa María A Nova: edificada no século XVI, de estilo gótico, con tres naves, construída en ladrillo e cabeceira de perpiaño. Conta cun torreón, circular do século X que servía como refuxio e defensa, debido á forte escuridade no seu interior que dificulta a súa subida. Hai unha inscrición na que se pode ler que a mandou construír o mordomo de Carlos V. Ermida da nosa Señora de Bustillino: situada na estrada de Ceinos, é un edificio construído no século XVIII de estilo barroco, con tapial, unha soa nave e teito plano. Palacete de Francisca Armendia: do século XV, pertenceu á adiñeirada familia Armendia, da zona norte de España. O seu escudo pode ser contemplado na fachada. El Cubo: construción de ladrillo de planta circular, único testemuño do que foi unha antiga fortaleza.
Festas Maio: San Isidro (na actualidade non se celebra festa popular civil) 8 de setembro: Festividade da Virxe de Bustillino. 9 de setembro: Romaría ata a ermida da Virxe de Bustillino
Véxase tamén Ligazóns externas Deputación de Valladolid. Datos de interese sobre a localidade.
Categoría:Concellos da provincia de Valladolid