La serva padrona (en galego A criada padroa) é unha ópera bufa en dous actos con música de Giovanni Battista Pergolesi e libreto en italiano de Gennaro Antonio Federico, a partir da obra de teatro de Jacopo Angello Nelli. A ópera dura só uns 45 minutos e foi representada orixinalmente como un intermezzo na ópera seria de Pergolesi Il prigioniero superbo (O orgulloso prisioneiro). Ámbalas dúas foron estreadas no Teatro San Bartolomeo de Nápoles, o 5 de setembro de 1733. O mesmo libreto foi posteriormente musicado por Giovanni Paisiello. O renome internacional de Pergolesi debeuse ao éxito obtido por La serva padrona na súa representación en París en 1752, que fixo estoupar a famosa Querelle des Bouffons.
Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea,5 de setembro de 1733Uberto, un home vello baixo bufo Gioacchino CorradoSerpina, súa doncella soprano Laura Monti Vespone, seu sirviente actor mudo
Notas
Véxase tamén
Categoría:Óperas de G.B. Pergolesi Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas de 1733