O quinto óso metacarpiano é un dos cinco ósos do metacarpo. Dos cinco é o máis medial. Na parte superior artéllase co óso ganchudo, pertencente ao carpo. Na parte máis externa da base, artéllase co cuarto óso metacarpiano. Na superficie interna posúe unha tuberosidade para a inserción do músculo extensor cubital do carpo. A superficie dorsal está separada por unha crista ósea oblicua que discorre dende o lado interno da base ata o lado externo da cabeza.

A superficie lateral presta a inserción para o cuarto músculo interóseo dorsal. A superficie interna está marcada polo paso do tendón do músculo extensor do dedo maimiño. Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.

Categoría:Metacarpo