Kosmos 1 (Космос 1 en ruso), tamén denominado DS-2 N°1 e mencionado ocasionalmente como Sputnik 11, foi un satélite artificial soviético lanzado o 16 de marzo de 1962 mediante un foguete Kosmos desde Kapustin Yar.
Características Kosmos 1 foi o primeiro satélite da serie DS-2 e o primeiro do sistema de designación Kosmos. Foi inxectado nunha órbita inicial de 977 km de apoxeo e 216 km de perixeo, cunha incinación orbital de 49 graos.
O satélite pesaba 315 kg e foi deseñado para estudar a ionosfera da Terra e levar a cabo medicións de impactos de micrometeoritos, da radiación solar de baixa enerxía, dos cintos de radiación, dos raios cósmicos, do campo magnético terrestre e dos patróns de nube.
Kosmos 1 reentrou na atmosfera o 23 de maio de 1962.
Notas
Categoría:Satélites Kosmos