Two Hands é un filme australiano dirixido e escrito por Gregor Jordan que se estreou en 1999.

Sinopse Jimmy (Heath Ledger) é un rapaz que traballa de porteiro dun local de strip-tease. Verá a súa oportunidade de gañar cartos cando o traficante de drogas da localidade, Pando (Bryan Brown), o contrate como correo. Porén, todo se complica cando lle rouban un dos correos, que contiña dez mil dólares. Para recuperar o diñeiro verase na obriga de participar nun atraco a un banco. Paso a paso e sen poder prevelo, Jimmy verase cada vez máis involucrado no mundo do crime, contra o cal só atopará axuda de Alex (Rose Byrne), unha fermosa moza de campo da que se namora.

Personaxes Heath Ledger como Jimmy Bryan Brown como Pando Rose Byrne como Alex Steven Vidler como Michael David Field como Acko Tom Long como Wally Dale Kalnins como Kiwi Bob

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 1999 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Australia Categoría:Filmes rodados en Sidney Categoría:Filmes ambientados en Sydney