Os caránxidosBUSCatermos caránxidos (Carangidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Están distribuídos por augas temperadas ou tropicais dos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.
Características Presentan formas variables pero en xeral son de corpo medianamente alargado e algo comprimido, con escamas débiles, ausentes ou pouco visibles. A liña lateral pode estar cuberta por unha crista de escudetes espiñosos ou aquillados (como, por exemplo, o xurelo).
Posúen dúas aletas dorsais separadas. A primeira é espiñosa e con tendencia a reducirse, ata converterse nalgúns casos nalgunhas espiñas illadas; a segunda está formada por raios brandos e é longa e ben desenvolvida, como tamén o está a aleta anal; diante desta, dúas espiñas. As pectorais, usualmente longas e falciformes, e as pelvianas cunha espiña e cinco raios brandos; aleta caudal moi bifurcada.
Son especies depredadoras e viven en augas abertas.
Clasificación Divídense en 30 xéneros e unhas 150 especies: Xénero Alectis Xénero Alepes Xénero Atropus Xénero Atule Xénero Campogramma Xénero Carangoides Xénero Caranx Xénero Chloroscombrus Xénero Decapterus Xénero Elagatis Xénero Gnathanodon Xénero Hemicaranx Xénero Lichia Xénero Megalaspis Xénero Naucrates Xénero Oligoplites Xénero Pantolabus Xénero Parastromateus Xénero Parona Xénero Pseudocaranx Xénero Scomberoides Xénero Selar Xénero Selaroides Xénero Selene Xénero Seriola Xénero Seriolina Xénero Trachinotus Xénero Trachurus Xénero Ulua Xénero Uraspis
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Taxonomía FishBase Taxonomía ITIS
Categoría:Caránxidos