O Estadio Alejandro Serrano Aguilar é un estadio de fútbol situado na cidade de Cuenca, en Ecuador, propiedade da Federación Deportiva do Azuay, con capacidade para acoller a 22.000 persoas nas bancadas.

O estadio foi construído por iniciativa municipal, inaugurado o 3 de novembro de 1945 co nome Estadio Municipal El Ejido, e reconstruído en 1971 con motivo da fundación do Club Deportivo Cuenca. Entón foi rebautizado co nome do alcalde de Cuenca e presidente do Club Deportivo Cuenca, Alejandro Serrano Aguilar.

En 1993 acolleu 6 encontros da Copa América.

Está prevista unha nova reconstrución para o ano 2013. Nesa reconstrución modernizarase en xeral o recinto, ampliarase a súa capacidade ata as 26.761 persoas, constuirase un tellado sobre a totalidade das bancadas, e serán retiradas as reixas coa construción dun foxo.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do Club Deportivo Cuenca Estadios da Serie A de Ecuador

Categoría:Estadios de fútbol de Ecuador