miniatura| En xeografía, o antípoda ou os antípodas (do grego ἀντίποδες,ἀντίποδες, Liddell and Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus plural de antipous (ἀντίπους), "cos pés en fronte (dos nosos)",ἀντίπους Liddell and Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus anti- "oposto" e pous "pé") é o lugar da superficie terrestre diametralmente oposto a outro dado, é dicir, o lugar da superficie terrestre máis afastado.

Descrición matemática Se a forma da Terra se aproxima a unha esfera ou a un esferoide, o antípoda dun punto situado nas coordenadas xeográficas (latitude e lonxitude) (θ, φ) pode escribirse (θ ± 180 °, −φ), ou (−θ, φ ± 180 º).

A liña recta que une ambos os puntos atravesa o centro do planeta. O percorrido máis curto posible entre ambos, sobre a superficie, é duns 20 000 km.

Etimoloxía O vocábulo aparece en Timeo, de Platón, xa referido á superficie da Terra, para explicar a relatividade dos vocábulos "sobre" e "baixo". O termo foi tomado por Aristóteles (De caelo 308a.20), Estrabón, Plutarco e Dióxenes Laercio e foi adoptado en latín como antipodes.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Mapa interactivo que debuxa un túnel ao outro lado do mundo. Earth Sandwich Map, mapa dual para localizar os antípodas de calquera lugar da Terra. findLatitudeAndLongitude, ferramenta interactiva para amosar os antípodas.

Categoría:Topoloxía Categoría:Cartografía