Kosmos 2 (Космос 2 en ruso), tamén denominado 1MS N°1 e mencionado ocasionalmente como Sputnik 12 en occidente, foi un satélite artificial soviético lanzado o 6 de abril de 1962 mediante un foguete Kosmos desde Kapustin Yar.

Características Kosmos 2 foi o primeiro satélite da serie 1MS (de dous que voaron) e o segundo do sistema de designación Kosmos. Foi inxectado nunha órbita inicial de 1545 km de apoxeo e 211,6 km de perixeo, cunha incinación orbital de 49 graos.

O satélite pesaba 285 kg e segundo a propia Unión Soviética, levaba a bordo a mesma instrumentación que Kosmos 1. Foi deseñado para estudar a ionosfera da Terra e levar a cabo estudos sobre radiotransmisión, sobre os cintos de radiación, o campo magnético terrestre, a formación e distribución da cuberta nubosa e probar novas tecnoloxías no espazo. Reentrou na atmosfera o 23 de agosto de 1963.

Notas

Categoría:Satélites Kosmos