Roberto Devereux ou Roberto Devereux, ossia Il conte di Essex (en galego Roberto Devereux, ou o conde de Essex) é unha traxedia lírica, ou ópera tráxica, de Gaetano Donizetti con libreto en italiano de Salvatore Cammarano baseado na traxedia Elisabeth d'Angleterre, de François Ancelot, aínda que Devereux foi o tema de alo menos outras dúas obras francesas: Le Comte d'Essex de Thomas Corneille e Le Comte d'Essex de La Calprenede. Esta ópera foi estreada o 29 de outubro de 1837 no Teatro di San Carlo de Nápoles protagonizada por Giuseppina Ronzi De Begnis, seguido por Venecia, con Caroline Ungher, Lisboa (1838), París con Giulia Grisi.
A ópera está inspirada libremente na vida de Robert Devereux, segundo conde de Essex, un influente membro da corte de Isabel I de Inglaterra. A trama de Roberto Devereux non era nada orixinal, derivada en principio do libreto de Felice Romani Il Conte d'Essex de 1833, orixinalmente con música de Saverio Mercadante; a viúva de Romani acusou a Cammarano de plaxio, aínda que a práctica de roubar tramas foi moi común entre os teatros de ópera rivais de Italia. É unha das numerosas óperas que Donizetti dicou á Era Tudor inglesa, xunt con Anna Bolena, Maria Stuarda e Il castello di Kenilworth.
Tense sinalado que, "aínda que a trama xoga coa historia, a ópera leva a súa propia marca de convicción dramática".William Ashbrook y Sarah Hibberd, en Holden, p. 239
Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 29 de outubro de 1837(Director: – )Elisabetta, raíña de InglaterrasopranoGiuseppina Ronzi de BegnisO duque de NottinghambarítonoPaul BarroilhetSara, duquesa de NottinghammezzosopranoAlmerinda Manzocchi GranchiRoberto Devereux, conde de EssextenorGiovanni BasadonnaLord CeciltenorTimoleone BarattiniSir Gualtiero RaleighbaixoAnafesto RossiUn paxecontraltoGiuseppe BenedettiUn criado de NottinghambaixoSeñores do parlamento, cabaleiros, paxes, gardas de Nottingham
Notas
Véxase tamén
Categoría:Óperas de Donizetti Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Nápoles Categoría:Óperas de 1837