Os equeneidos ( Echeneidae ) ou rémoras son unha familia de peixes mariños incluída na ordedos Perciformes. Están distribuídas por tódolos océanos do mundo.
As rémoras caracterízanse por se adheriren a outros peixes máis grandes, tartarugas, baleas etc., practicando un comensalismo típico. Algunhas especies presentan unha gran especificidade pola especie do hóspede ó que pegan.
Actúan como limpiadores dos seus anfitrións e aliméntanse dos restos de alimento que deixan estes.
Características Teñen un corpo alargado, con escamas cicloides pequenas. A cabeza está esmagada e presenta na parte superior un disco elíptico, "disco de succión", dotado de entre 10 e 28 láminas ou cristas tranversais que lles permiten adherirse con forza á pel doutros animais maiores ó producir o baleiro. Probablemente esta formación evolucionou a partir dunha espiña da aleta dorsal. Boca terminal, algo súpera, coa mandíbula inferior proxectada cara a diante e adiantando claramente a superior. Carecen de vexiga natatoria.
Aletas dorsal e anal opostas, posteriores e con 18-40 radios brandos, sen espiñas. As pectorais e pelvianas insírense ó mesmo nivel. Caudal fendida.
Os talles máximos chegan a 1 m de lonxitude (Echeines naucrates). A especie máis pequena só mide 17 cm.miniatura|300px|Dugong arrastrando unha rémora|centro Clasificación Divídense en catro xéneros e oito especies: Xénero Echeneis (Linnaeus, 1758): Echeneis naucrates (Linnaeus, 1758) Echeneis neucratoides (Zuiew, 1786) Xénero Phtheirichthys (Gill, 1862): Phtheirichthys lineatus (Menzies, 1791) Xénero Remora (Gill, 1862): Remora australis (Bennett, 1840) Remora brachyptera (Lowe, 1839) Remora osteochir (Cuvier, 1829) Remora remora (Linnaeus, 1758) Xénero Remorina (Jordan e Evermann, 1896): Remorina albescens (Temminck e Schlegel, 1850)
Véxase tamén Ligazóns externas
Taxonomía FishBase Taxonomía ITIS
Categoría:Percoideos
ja:コバンザメ