miniatura|Interior de La Fenice no 2018. O Gran Teatro La Fenice ou simplemente La Fenice (o fénix) é un dos teatros de ópera máis famosos do mundo. Atópase na cidade de Venecia (Italia) e nel foron estreadas algunhas das óperas italianas máis famosas. O teatro foi destruído várias veces e reedificado, actualmente é a sede dunha importante tempada operística e do festival internacional de música contemporánea.

Historia La Fenice foi construído rapidamente, en pouco máis dun ano, sendo inaugurado o 16 de maio de 1792 coa ópera de Giovanni Paisiello I giochi di Agrigento.

O 13 de decembro de 1836 foi destruído por un incendio, sendo reconstruído en seguida repetindo o proxecto orixinal. Tras cen anos, en 1937 foi restaurado por Eugenio Miozzi.

O 29 de xaneiro de 1996 ocorreu a outra grande traxedia cando outro lume provocado o destruíu por completo, este lume fora provocado polo electricista Enrico Carella na tentativa de evitar problemas contractuais por unha dilación no servizo que lle fora encomendado. Logo de oito anos de obras, o 14 de decembro do 2003 reinaugurouse cun concerto dirixido por Riccardo Muti.

Prime assolute 1813: Tancredi de Gioachino Rossini 1814: Sigismondo de Gioachino Rossini 1823: Semiramide de Gioachino Rossini 1824: Il crociato in Egitto de Giacomo Meyerbeer 1830: I Capuleti e i Montecchi de Vincenzo Bellini 1833: Beatrice di Tenda de Vincenzo Bellini 1835: Belisario de Gaetano Donizetti 1838: Maria de Rudenz de Gaetano Donizetti 1843: Ernani de Giuseppe Verdi 1846: Attila de Giuseppe Verdi 1851: Rigoletto de Giuseppe Verdi 1853: La traviata de Giuseppe Verdi 1857: Simon Boccanegra de Giuseppe Verdi 1901: Le maschere de Pietro Mascagni 1951: The Rake's Progress de Igor Stravinski 1954: The Turn of the Screw de Benjamin Britten 2007: Signor Goldoni de Luca Mosca

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Teatros de ópera de Italia Categoría:Teatros de Venecia