A articulación carpometacarpal é unha articulación do membro superior humano, que artella o carpo co metacarpo. Existen cinco articulacións carpometacarpais en cada man.

A articulación entre o primeiro óso metacarpiano e o óso trapecio é lixeiramente diferente ao resto, para permitir unha meirande mobilidade a este dedo. Ligamentos As articulacións carpometacarpais están reforzadas por varios ligamentos: Ligamento cruzado anterior oblicuo É un ligamento groso, forte e extracapsular, que se estende entre o tubérculo maior do óso trapecio e o tubérculo maior do primeiro óso metacarpiano. Ténsase en abdución, extensión e pronación. Ligamento colateral cubital Orixínase no retináculo flexor do pulso e se insire no tubérculo maior do primeiro óso metacarpiano. Ligamento intermetacarpal primario Insírese entre as bases do primeiro óso metacarpiano e o segundo óso metacarpiano. Ligamento oblicuo posterior Insírese no tubérculo do óso trapecio e o primeiro óso metacarpiano. Ligamento dorsorradial Discorre entre o óso trapecio e o primeiro óso metacarpiano. Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.

Categoría:Articulacións