A Indochina Francesa (Đông Dương thuộc Pháp) foi unha parte do imperio colonial francés, formada por unha federación de protectorados no sueste asiático, concretamente na península da Indochina. Os protectorados que formaban parte da Indochina Francesa eran:
Cochinchina (colonia baixo administración directa dos franceses). Tonkín (protectorado). Annam (protectorado). Laos (protectorado). Camboxa (protectorado).
Os antigos protectorados de Tonkín e Annam xunto coa colonia da Cochinchina constitúen o actual Vietnam.
Véxase tamén
Outros artigos
Piastra da Indochina Francesa
Categoría:Indochina Francesa