O italiano ou lingua italiana é unha lingua pertencente ao grupo das linguas romances, da familia das linguas indoeuropeas. Existe un gran número de dialectos neorromances. O italiano é a lingua oficial de Italia, de San Marino, de Suíza e da Cidade do Vaticano. Tamén se fala a distintos niveis en Somalia, Libia, Mónaco, Malta, a illa de Córsega e Albania.Berloco 2018

Historia O italiano moderno é un dialecto que conseguiu imporse como lingua propia dunha rexión moito máis vasta cá súa rexión dialectal. Trátase do dialecto toscano de Florencia, Pisa e Siena, que se impuxo non por razóns políticas, económicas ou militares como adoita ocorrer, senón debido ao prestixio cultural que levaba consigo ao ser o idioma no que se escribiu a Divina Comedia, que se considera a primeira obra literaria escrita na "lingua moderna". O toscano é en efecto a lingua na que escribiron Dante Alighieri, Francesco Petrarca e Giovanni Boccaccio, considerados os tres grandes escritores do Prerrenacemento italiano.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Wikipedia en italiano Ligazóns externas Dicionario italiano-galego, 6 MB en formato pdf