A Primeira División do Perú, anteriormente coñecido como Campionato Descentralizado, é a primeira división da liga profesional de fútbol que se disputa no Perú, organizado pola Asociación Deportiva de Fútbol Profesional, organismo que pertence á Federación Peruana de Fútbol. Recibe o nome de Copa Movistar por mor do seu patrocinador principal.

O torneo fundouse en 1912, e até o ano 2022 lévanse disputadas 105 tempadas. Os clubs máis laureados na historia do campionato son o Club Universitario de Deportes (26 títulos), o Club Alianza Lima (25 títulos) e o Club Sporting Cristal (20 títulos), ámbolos 3 clubs da cidade de Lima. O primeiro campión foi o Lima Cricket FC, mentres que o campión actual é o Alianza Lima.

Dende 1912 até 1965 foi un campionato no que só competían equipos da rexión de Lima e da veciña provincia de Callao. En 1966 foron convidados a competir na liga por vez primeira 4 equipos do resto do país, converténdose entón o "Campionato Peruano de Fútbol" no "Campionato Descentralizado de Fútbol Profesional". Entre os anos 1997 e 2008 o formato consistía en dous torneos, Apertura e Clausura, cunha final entre os dous gañadores (se era preciso) para definir cal era o campión. Dende 2009 o campionato consiste nunha liga de 16 equipos que disputan 30 xornadas, sendo campión o equipo que remata de líder na táboa clasificatoria trala derradeira xornada.

Os 3 primeiros clasificados na liga acadan o dereito a competir na Copa Libertadores do ano seguinte. Os seguintes 4 equipos da táboa acadan un posto para disputar a Copa Suramericana do ano seguinte. Os 2 últimos equipos da clasificación perden a categoría. Equipos 2012 320px|miniatura|dereita|Estadio Monumental, en Lima. 220px|miniatura|dereita|Estadio Inca Garcilaso, en Cuzco. A competición comeza en febreiro e remata en decembro. Os seguintes 16 equipos disputarán a edición 2012 do torneo: EquipoCidadeFundaciónEstadioCapacidadeAlianza LimaLima15 de febreiro de 1901Alejandro Villanueva35.000Cienciano20px Cuzco8 de xullo de 1901Garcilaso de la Vega42.056Cobresol20px Moquegua5 de febreiro de 200825 de Noviembre21.000FBC Melgar20px Arequipa25 de marzo de 1915Monumental de la UNSA60.000Inti Gas Deportes20px Ayacucho27 de xullo de 1972Ciudad de Cumaná10.000José Gálvez20px Chimbote27 de outubro de 1951Manuel Rivera Sánchez25.000CSDC Juan Aurich20px Chiclayo3 de setembro de 1922Elías Aguirre23.000León de Huánuco20px Huánuco29 de xuño de 1946Heraclio Tapia20.000Real Garcilaso20px Cuzco28 de xullo de 2009Garcilaso de la Vega42.056Sport Boys20px Callao28 de xullo de 1927Miguel Grau17.000Sport Huancayo20px Huancayo7 de febreiro de 2007Estadio Huancayo20.000Sporting CristalLima13 de decembro de 1955San Martín de Porres15.000Unión Comercio20px Nueva Cajamarca15 de xuño de 1994IPD de Moyobamba5.000Universidad César Vallejo20px Trujillo6 de xaneiro de 1996Mansiche24.000Universidad San Martín de PorresLima21 de xaneiro de 2004San Martín de Porres15.000Universitario de DeportesLima7 de agosto de 1924Monumental80.093 Palmarés Un equipo irrompeu recentemente con forza no palmarés do torneo peruano, o CD Universidad San Martín, con 3 títulos nos últimos 5 anos. Non obstante, o palmarés da liga segue a estar dominado polos 3 grandes clubs clásicos da cidade de Lima: Nº de TítulosEquipoCampionatos obtidos26Universitario de Deportes1929, 1934, 1939, 1941, 1945, 1946, 1949, 1959, 1960, 1964, 1966, 1967, 1969, 1971, 1974, 1982, 1985, 1987, 1990, 1992, 1993, 1998, 1999, 2000, 2009, 201325Alianza Lima1918, 1919, 1927, 1928, 1931, 1932, 1933, 1948, 1952, 1954, 1955, 1962, 1963, 1965, 1975, 1977, 1978, 1997, 2001, 2003, 2004, 2006, 2017, 2021, 202220Sporting Cristal1956, 1961, 1968, 1970, 1972, 1979, 1980, 1983, 1988, 1991, 1994, 1995, 1996, 2002, 2005, 2012, 2014, 2016, 2018, 2020620px|Callao Sport Boys1935, 1937, 1942, 1951, 1958, 19844Deportivo Municipal1938, 1940, 1943, 19503Universidad San Martín2007, 2008, 20102Lima Cricket FB1912, 19142Sport José Gálvez†1915, 19162Sport Progreso†1921, 1926220px|Callao Atlético Chalaco1930, 19472Mariscal Sucre FBC†1944, 1953220px|Huaral Unión Huaral1976, 19891Jorge Chávez Nº1†19131Sport Juan Bielovucic†19171Centro Sport Inca†19201Centro Iqueño19571Defensor Lima1973120px|Arequipa FBC Melgar19811Deportivo San Agustín1986120px|Chiclayo CSDC Juan Aurich2011 † = Equipo desaparecido.

Véxase tamén Ligazóns externas Federación Peruana de Fútbol Estatísticas do fútbol peruano

Categoría:Ligas de fútbol do Perú Categoría:Ligas de fútbol de primeira división de América do Sur

ca:Lliga peruana de futbol de:Primera División Peruana en:Peruvian Primera División es:Primera División del Perú fi:Perun jalkapalloliiga fr:Championnat du Pérou de football it:Campionato peruviano di calcio ja:プリメーラ・ディビシオン (ペルー) lt:Primera División (Peru) nl:Primera División Peruana pt:Campeonato Peruano de Futebol ru:Чемпионат Перу по футболу