Caio Antistio Veto (en latín, Gaius Antistius Vetus), nado circa 40 a. C., finado no ano 1 foi un senador e xeneral do Imperio Romano. Tamén foi nomeado cónsul no ano -6 xunto con Décimo Lelio Balbo.Alison E. Cooley, The Cambridge Manual of Latin Epigraphy (Cambridge: University Press, 2012), p. 458
Traxectoria Fillo do cónsul Caio Antistio Veto, cónsul en -30.Ronald Syme, The Augustan Aristocracy (Oxford: Clarendon Press, 1986), p. 425 Empezou a súa carreira política como maxistrado monetario. Participou en Hispania nas Guerras cántabras entre 26 a. C.-24 a. C., onde se fixo cargo do mando en ausencia por enfermidade do emperador Augusto, quen acudira en persoa ao conflito.
Xunto con Caio Firmio, loitaou nunha difícil campaña para someter as tribos galaicas nas partes boscosas e nas montañosas máis remotas da Gallaecia que bordean o Océano Atlántico, derrotándoas só despois dunha serie de duras batallas,Paulus Orosius, Historiae Adversus Paganos, 6: 21, 2. aínda que se descoñecen os detalles desta campaña en particular.
Realizou campañas vitoriosas en Amaya, Bergida, Monte Vindio e Aracillum e foi gobernador da Hispania Citerior.
No 6 a. C. foi nomeado cónsul ordinario, e máis tarde procónsul da provincia de Asia. Os seus dous fillos, Caio e Lucio, tamén foron cónsules.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Cassio Dione Cocceiano, Storia di Roma, LV, prólogo; LV, 9, 1. Prosopographia Imperii Romani A 771
Categoría:Militares da Roma antiga Categoría:Cónsules do Imperio romano Categoría:Finados en 1