Shrek the Third é un filme estadounidense de animación de DreamWorks dirixido por Chris Miller e Raman Hui, que se estreou no 2007.
Sinopse Cando Shrek casou con Fiona, non caeu na conta de que tarde ou cedo acabaría sendo rei. Así, ó caer enfermo o seu sogro, o Rei Harold, Shrek corre o perigo de ter que abandonar o seu amado pantano para ocupa-lo trono; a menos que atope un herdeiro. Decide entón emprender unha viaxe con Burro e o Gato con Botas para encontrar a Arturo, o primo de Fiona. Mentres, en Moi Moi Arredado, o Príncipe Encantador recruta un exército de malvados para tomar o trono pola forza. Pero non contan con que Fiona e a Raíña Lillian tamén reuniron o seu grupo de heroínas para facerlles fronte.
Personaxes Mike Myers como Shrek Eddie Murphy como Burro Cameron Diaz como Princesa Fiona Antonio Banderas como Gato con Botas Justin Timberlake como Arthur "Artie" Pendragon Rupert Everett como Príncipe Encantador Eric Idle como Merlín Julie Andrews como Raíña Lillian John Cleese como Rei Harold Conrad Vernon como Home de xenxibre, Rumpelstiltskin, Cabaleiro sen cabeza Cody Cameron como Pinocchio, os Tres porquiños, Ogre Triplets e Bohort Jonathan Ross (UK)/Larry King (US) como Doris Christopher Knights como The Three Blind Mice Amy Poehler como Brancaneves Maya Rudolph como Rapunzel Megan Hilty como Brancaneves (Voz cantando) Amy Sedaris como Cinsenta Aron Warner como Gran Lobo Feroz Cheri Oteri como Bela dormente Ian McShane como Capitán Hook Susanne Blakeslee como Raíña Malvada Regis Philbin como Mabel Mark Valley como Ciclope Chris Miller como Mestre de marionetas Seth Rogen como Capitán de barco Tom Kane como Garda #1 Kari Wahlgren como Vella dama John Lithgow como Lord Farquaad (visto nun flashback) John Krasinski como Lanzarote do Lago
Galardóns e nomeamentos 2007: Nomeada ós Premios BAFTA: Mellor filme de animación.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Listaxe de filmes baseados na lenda artúrica
Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes de Dreamworks Animation Categoría:Filmes de DreamWorks Categoría:Filmes sobre feiticería Categoría:Filmes ambientados na Idade Media Categoría:Filmes baseados na lenda artúrica Categoría:Filmes sobre o embarazo Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América