Tomás Mac Curtain, nado en Ballyknockane (condado de Cork) o 20 de marzo de 1884 e finado en Cork o 20 de marzo de 1920, foi un político irlandés vencellado ao Sinn Féin.
Traxectoria Achegado dende moi novo ao movemento nacionalista irlandés, chegou a ser secretario da Conradh na Gaeilge en 1902, con só 18 anos. En 1911 uniuse ao Fianna Éireann e foi membro fundador dos Voluntarios Irlandeses. Durante o Alzamento de Pascua capitaneou un grupo de 1.000 homes en Cork o Domingo de Pascua, pero acabaron dispersándose ao recibiren ordes contraditorias dos mandos establecidos en Dublín. Durante a Guerra de Independencia Irlandesa ascendeu ao grao de comandante no IRA e foi elixido para o cargo honorífico de Lord Maior de Cork. Foi asasinado por efectivos da Royal Irish Constabulary, corpo de policía ao servizo das forzas británicas durante o conflito.
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía de Tomás Mac Curtain .
Categoría:Políticos de Irlanda Categoría:Políticos do Sinn Féin Categoría:Nacionalismo irlandés Categoría:Nados no condado de Cork Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1920