REC (estilado como [●REC]) é un filme español de terror coescrito e codirixido por Jaume Balagueró e Paco Plaza, que se estreou no 2007. O filme foi rodado na cidade de Barcelona, e o título é unha abreviatura da palabra "record" que aparece na pantalla da cámara.
Balagueró e Plaza dirixiran previamente o documental de 2002 OT: la película. REC foi rodado cun estilo de metraxe atopada e a técnica da "shaky camera". No 2008, estreouse o seu remake estadounidense, Quarantine.
É o primeiro título da serie REC, que tivo tres secuelas; REC 2 no 2009, REC 3: Génesis no 2012, e REC 4: Apocalipsis no 2014. A compañía española Filmax International foi a responsable da produción da franquía REC e do lanzamento dos catro títulos.
Sinopse Cada noite, Ángela (Manuela Velasco), unha reporteira moza dunha televisión local, segue co seu cámara a un grupo profesional distinto. Esta noite tócalle entrevistar ós bombeiros e ten a secreta esperanza de poder ollar en directo un incendio. Pero a noite transcorre placidamente. Nestas, reciben a chamada dunha anciá que quedou pechada na súa casa, e non lle queda outra que seguilos durante a misión de rescate. No edificio onde vive a anciá, os veciños están moi asustados. A muller, encerrada no seu piso, lanza uns berros arrepiantes. Os bombeiros botan abaixo a porta e, seguidos por Ángela e o cámara, atopan á muller sen coñecemento, rodeada polos seus gatos. De súpeto, a muller lánzase sobre un bombeiro e trábao salvaxemente no pescozo. É só o comezo dun longo pesadelo e dunha dramática reportaxe única no mundo: cando os bombeiros se levan ó ferido, descobren que a única saída do edificio está bloqueada por orde das autoridades: o edificio foi posto en corentena e parece que un estraño virus se propaga no seu interior.
Personaxes Manuela Velasco como Ángela Vidal Ferrán Terraza como Manu Jorge-Yaman Serrano como Policía xove Pablo Rosso como Pablo David Vert como Álex Vicente Gil como Policía máis vello Martha Carbonell como Señora Izquierdo Carlos Vicente como Guillem Marimón María Teresa Ortega como Avoa Manuel Bronchud como Avó Akemi Goto como Muller xaponesa Chen Min Kao como Home xaponés María Lanau como Mari Carmen, nai de Jennifer Claudia Silva como Jennifer Carlos Lasarte como César Javier Botet como Tristana Medeiros Ben Temple como Doutor Ana Velasquez como Rapaza colombiana
Galardóns e nomeamentos 2007: Festival de Cine Fantástico de Sitges: Mellor director, mellor actriz (Manuela Velasco), Premio do Público. 2007: 2 Premios Goya: mellor actriz revelación (Manuela Velasco), mellor montaxe. Nomeada ós mellores efectos especiais.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Jaume Balagueró Categoría:Filmes dirixidos por Paco Plaza Categoría:Filmes de metraxe atopada Categoría:Filmes de terror relixioso Categoría:Filmes rodados en Barcelona Categoría:Filmes rodados en Terrasa Categoría:Filmes de zombis Categoría:Filmes ambientados en Barcelona