O distrito de Mpigi é un distrito da Rexión Central de Uganda. O seu nome provén da localidade capital, Mpigi.

Limita co distrito de Wakiso polo norte e polo leste, co distrito de Kalangala polo sur, co distrito de Kalungu polo suroeste, co distrito de Butambala polo oeste e co distrito de Mityana polo noroeste.

Nos 1970 o distrito Mpigi abarcaba os condados do reino de Buganda de Kyaddondo, Busiro, Mawokota, Butambala e Gomba. Durante os 1990s, Kyaddondo e Busiro pasaron a formar o distrito de Wakiso. En 2010, Gomba separouse para formar distrito de Gomba e Butambala converteuse no distrito de Butambala.The Making of A Needy District Ao final ficou Mawokota como único constituínte do Distrito Mpigi.

A poboación de Mpigi, no 2002, estimouse en 187.800 habitantes. O distrito é primordialmente rural, coa agricultura como base económica.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Uganda Humanist Schools Trust Uganda Humanist Schools: A Golden Opportunity to Support a Vision!

Mpigi