Os lutiánidos ( Lutjanidae ) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Distribúense por augas tropicais e subtropicais dos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.

Características Aleta dorsal continua, con 10-12 espiñas e 10-17 raios brandos; anal con tres espiñas e 10-17 raios brandos; pelvianas cunha espiña e 5 raios brandos, inseridas á altura das pectorais.

Boca terminal, de tamaño moderado a grande, algo protráctil. Dous orificios olfactivos a cada lado. Preopérculo normalmente aserrado.

Poden alcanzar unha lonxitude máxima de 1 m.

A maioría das especies son depredadores de crustáceos e peixes, aínda que tamén as hai planctívoras.miniatura|Lutjanus aratus|centro Clasificación miniatura|Lutjanus argentimaculatus A familia divídese en catro subfamilias con 17 xéneros e 103 especies: Subfamilia Apsilinae Xénero Apsilus (Valenciennes en Cuvier e Valenciennes, 1830) Xénero Lipocheilus (Anderson, Talwar e Johnson, 1977) Xénero Paracaesio (Bleeker, 1875) Xénero Parapristipomoides (Kami, 1973) Subfamilia Etelinae Xénero Aphareus (Cuvier en Cuvier e Valenciennes, 1830) Xénero Aprion (Valenciennes en Cuvier e Valenciennes, 1830) Xénero Etelis (Cuvier en Cuvier e Valenciennes, 1828) Xénero Pristipomoides (Bleeker, 1852) Xénero Randallichthys (Anderson, Kami e Johnson, 1977) Subfamilia Lutjaninae Xénero Hoplopagrus (Gill, 1861) Xénero Lutjanus (Bloch, 1790) Xénero Macolor (Bleeker, 1860) Xénero Ocyurus (Gill, 1862) Xénero Pinjalo (Bleeker, 1873) Xénero Rhomboplites (Gill, 1862) Subfamilia Paradichthyinae Xénero Symphorichthys (Munro, 1967) Xénero Symphorus (Günther, 1872)

Véxase tamén

Ligazóns externas Taxonomía FishBase Taxonomía ITIS

Categoría:Percoideos