Antonio Ulloa Regueiro, coñecido como Ulloa e Torallo, nado en Torallo (Agüeira, Becerreá) en 1905 e finado no mesmo concello o 24 de setembro de 1942, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Vinculado ao PCE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 20 de novembro. Estivo preso no depósito municipal de Becerreá, pero logrou fuxir con Manuel Fernández Núñez e outros 14 presos o 7 de decembro. Botouse ao monte e dirixiu un grupo de tres a seis fuxidos que actuaban pola comarca dos Ancares.

Foi reclamado polo xuíz de Becerreá na instrución do expediente da Comisión Provincial de Incautación de Bens en decembro de 1937.BOP Lugo, 11-12-1937, p. 2. Foi reclamado polo xuíz militar de Lugo acusado de auxilio á rebelión na causa 304/39 xunto con Casimiro Vilares Quintana en abril de 1939.BOP Lugo, 20-4-1939, p. 3. Ambos volveron ser reclamados polo Xulgado Militar de Lugo en xuño de 1939.BOP Lugo, 16-6-1939. p. 2. Foi novamente reclamado polo xuíz militar de Lugo en xullo de 1942.El Progreso, 21-7-1942, p. 2. Morreu nun enfrontamento coa Garda Civil nos montes de Becerreá o 24 de setembro de 1942.El Progreso, 25-11-1942, p. 2.El Compostelano, 26-11-1942, p. 2. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Os Fuxidos II: Concello de Becerreá Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia

Categoría:Nados en Becerreá Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1942

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes