miniatura|Garudá no escudo nacional de Indonesia. miniatura|Garuda, Belur (India). Garudá é un paxaro mítico, considerado un deus menor (ou semideus) no hinduísmo e no budismo.
Xeralmente é iconizado como unha aguia xigante e antropomórfica: corpo humano de cor dourada, rostro branco, peteiro de aguia e grandes ás vermellas. É moi antigo, enorme e pode tapar a luz do Sol.
Etimoloxía Posiblemente Garudá proveña da raíz grī e signifique ‘devorador’, quizais, porque antigamente era identificado co devastador fogo do Sol. Aínda que no alfabeto devanágari non leva ningún acento diacrítico (polo que debería ser grave), a pronunciación aguda /garudá/ provén de tradición oral. Formas de escrita: garuḍa, no sistema AITS (alfabeto internacional de transliteración sánscrita). गरुड, en escritura devanágari do idioma sánscrito.Véxase a entrada Garuḍá, que se atopa na metade da terceira columna da páx. 348 no Sanskrit-English Dictionary do sanscritólogo británico Monier Monier-Williams (1819-1899).
Mitoloxía
É xefe da raza das aves e inimigo da raza das serpentes, vahana do deus Visnú,Segundo Religious Thought and Life in India (Brāhmanism and Hindūism), páx. 104, de Monier Monier-Williams. e fillo de Kashiapa e Vinatā. Segundo o sagrado texto épico Mahábharata, ao nacer Garudá, os deuses aterráronse debido ao seu terrible brillo corporal. Supuxeron que era Agní (o deus do lume) e pedíronlle protección. Logo descubriron que era un bebé, e aínda así loárono como un ser supremo e chamárano Lume e Sol (segundo o Mahábharata, 1. 1239).
Aruná, o amencer personificado e auriga de Suria (o deus do Sol), é irmán máis vello —ou irmán máis novo— de Garudá. Swahá, a esposa de Agnídev (o deus do fogo), adopta a forma dunha Garudī feminina, tamén chamada Suparṇī (segundo o Suparṇādhiāia e o Taittirīia āraṇiaka) para aparearse con Garudá (segundo o Mahábharata, 3. 14307 e 3. 14343).
Garudá, xunto cos rishis, axudou a crebar as hostilidades entre Indra (o rei do ceo) e o piadoso asura (‘demonio’) Vritra.
No Xapón, Malaisia, Indonesia e Tailandia
Considérase que Garudá é a versión malaia do mito da ave Fénix (ser que podía renacer das súas cinzas). Indonesia e Tailandia teñen esta ave como símbolo nacional. A liña aérea nacional de Indonesia chámase Garudā Airlines.
Os xaponeses tamén coñecen a Garudá, a quen denominan Karurá. Din que Garudá comía aos seus inimigos serpentes até que un príncipe budista lle ensinou a importancia do vexetarianismo. Despois Garudá resucitou todas as víboras que comera e dixerira.
Outros Garudá
Garudá: nome dun fillo de Krisná (segundo o Jari vamsha, 9196). garudá: nome dun ordenamento peculiar dun exército, coa forma da ave Garudá (segundo o Mánava samjitá, 7. 187, de Manu). garudá: nome dun edificio de planta con forma básica da ave Garudá (segundo o Brijat samjitá, de Varaja Mijira). garudá: nome do décimo cuarto período kalpa. Garudá: na relixión xainista, nome do servente do décimo sexto arhat do actual avasarpiṇī (segundo lexicógrafos sánscritos, tales como Amara Siṃja, Jalaiuda, Jema Chandra etc.).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Fénix Bennu Escudo de Indonesia Escudo de Tailandia Garuda 1 Garuda Indonesia
Categoría:Seres mitolóxicos Categoría:Símbolos de Indonesia Categoría:Deuses do hinduísmo