Verdad y Justicia foi un semanario publicado en Viveiro entre 1915 e 1918.

Historia e características Subtitulado Semanario imparcial defensor de los intereses generales del distrito, apareceu o 29 de maio de 1915. Constaba de catro páxinas e editábase en imprenta propia. Dirixido por José Santiago Seijo. Entre os seus colaboradores figuraba José María Fernández Pena. O último número coñecido é o 141, datado o 9 de febreiro de 1918.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo

Categoría:Prensa escrita de Viveiro Categoría:1915 en Galicia