A Primeira División de Bolivia é a categoría de máximo nivel dentro da liga profesional de fútbol que se disputa en Bolivia, organizada pola Liga del Fútbol Profesional Boliviano.

O torneo actual naceu en 1977, sucedendo á Copa Simón Bolivar (1960-1976) e ó Campionato Nacional (1950-1959). Actualmente considéranse o mesmo campionato profesional, mais con distintos nomes e formatos. Dende o ano 2003 ata o ano 2010 disputáronse cada tempada dous torneos, Apertura e Clausura, de xeito que cada ano había dous equipos campións. Non obstante a tempada 2011/12 está formada por 3 torneos (Adecuación, Apertura e Clausura), con distintos formatos cada ún, xa que a liga estase adaptando ó calendario europeo, para que as tempadas rematen antes do verán.

O club máis laureado na historia do campionato é o Fútbol Club Bolívar da Paz (23 títulos), seguido do Club Jorge Wilstermann de Cochabamba (12 títulos) e do Club The Strongest da Paz (11 títulos). Mais lonxe están o Club Blooming e o Oriente Petrolero da cidade de Santa Cruz de la Sierra con 5 títulos cada un. O primeiro campión foi o propio Fútbol Club Bolívar, mentres que o campión actual é o Club The Strongest.

Esta liga pode ser considerada unha das dúas menos competitivas de Suramérica, coa liga venezolana, pois nunca un equipo destas dúas ligas chegou a unha final da Copa Libertadores entre 1960 e 2011.

Equipos 2012 miniatura|Estadio Hernando Siles, o estadio nacional de Bolivia situado na Paz. Os seguintes 12 equipos compiten na tempada 2011/12. As cidades da Paz, Potosí e Santa Cruz están representadas con 2 equipos. É salientable a ausencia do Club Jorge Wilstermann, que en 2010 descendeu de categoría por vez primeira na súa historia. EquipoFundaciónCidadeEstadioCapacidade20px Aurora 27 de maio de 1935 Cochabamba Félix Capriles32.000 20px Blooming 1 de maio de 1946 Santa Cruz de la Sierra Ramón Tahuichi Aguilera35.000 20px Bolivar 12 de abril de 1925 A Paz Hernando Siles42.000 20px Guabirá 13 de abril de 1962 Montero Gilberto Parada13.000 20px La Paz FC 30 de maio de 1989 El Alto Cosmos 794.000 20px Nacional Potosí 8 de abril de 1942 Potosí Víctor Agustín Ugarte30.000 20px Oriente Petrolero 5 de novembro de 1955 Santa Cruz de la Sierra Ramón Tahuichi Aguilera35.000 20px Real Mamoré 15 de marzo de 2006 Trinidad Gran Mamoré12.000 20px Real Potosí 1 de abril de 1986 Potosí Víctor Agustín Ugarte30.000 20px San José 19 de marzo de 1942 Oruro Jesús Bermúdez35.000 20px The Strongest 8 de abril de 1908 A Paz Rafael Mendoza Castellón14.000 20px Universitario de Sucre 5 de abril de 1961 Sucre Olímpico Patria30.000

Palmarés O palmarés da liga está dominado polo Bolivar, con 23 títulos: Nº de TítulosEquipoCampionatos obtidos2320px|A Paz Bolivar1950, 1953, 1956, 1966, 1968 , 1976, 1978, 1982, 1983, 1985, 1987, 1988, 1991, 1992, 1994, 1996, 1997, 2002, 2004-A, 2005-AD, 2006-A, 2009-A, 2011-AD1220px|Cochabamba Jorge Wilstermann1957, 1958, 1959, 1960, 1967, 1972, 1973, 1980, 1981, 2000, 2006-ST, 2010-A1120px|A Paz The Strongest1952, 1964, 1974, 1977, 1986, 1989, 1993, 2003-A, 2003-C, 2004-C, 2011-A520px|Santa Cruz de la Sierra Oriente Petrolero1971, 1979, 1990, 2001, 2010-C520px|Santa Cruz de la Sierra Blooming1984, 1998, 1999, 2005-A, 2009-C320px|Oruro San José1955, 1995, 2007-C220px|Cochabamba Aurora1963, 2008-C220px|A Paz Deportivo Municipal1961, 1965220px|A Paz Always Ready1951, 1957120px|Potosí Real Potosí2007-A120px|A Paz Chaco Petrolero1970120px|Sucre Universitario de Sucre2008-A120px|Montero Guabirá1975120px|A Paz Litoral1954120px|A Paz Universitario de La Paz1969 Véxase tamén Ligazóns externas Liga de Fútbol Profesional de Fútbol

Categoría:Ligas de fútbol de Bolivia Bolivia