Tyler Deon Honeycutt, nado o 15 de xullo de 1990 en Sylmar (California) e finado o 7 de xullo de 2018 en Sherman Oaks (California), foi un xogador de baloncesto profesional estadounidense.
Traxectoria Universidade Honeycutt foi pronto considerado coma un dos 10 mellores aleiros do país, tras chegar do Sylmar High School. No seu primeiro ano en UCLA, xogou 26 partidos, 18 de titular, e liderou ao equipo en rebotes capturados, con 6.5 por partido. Foi nomeado no equipo All-Pac 10 de xogadores de primeiro ano universitario. No seu ano coma sophomore, mellorou significativamente, nomeado MVP, no primeiro equipo do All-Pac 10, e liderou a conferencia en tapóns, con 2.1 por partido. Declarouse elixible para o Draft da NBA ese mesmo ano.
NBA O 23 de xuño de 2011, Honeycutt foi elixido na 35ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Sacramento Kings. Xogou o seu primeiro partido na NBA o 31 de decembro de 2011 contra os New York Knicks, e anotou 2 puntos en catro minutos de xogo. O 1 de xaneiro de 2012, Honeycutt foi asignado aos Reno Bighorns da NBA D-League. Foi chamado de volta polos Kings o 24 de xaneiro.
O 20 de febreiro de 2013, Honeycutt foi traspasado ós Houston Rockets xunto a Francisco García e Thomas Robinson a cambio de Cole Aldrich, Patrick Patterson e Toney Douglas. Foi cortado polos Rockets o 5 de marzo de 2013.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Nados en San Fernando, Estados Unidos Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores do BC Khimki Categoría:Xogadores do Anadolu Efes SK