Erik Axel Karlfeldt, nado en Karlbo o 20 de xullo de 1864 e finado en Estocolmo o 8 de abril de 1931, foi un poeta sueco, secretario da Academia Sueca e premio Nobel de Literatura.
Traxectoria
Nacido no seo dunha familia de mineiros, estudou na Universidade de Uppsala e, máis tarde, deu clases nunha escola de Djursholm, suburbio de Estocolmo, e nunha escola para adultos. Traballou para a Biblioteca Real de Suecia, en Estocolmo.
En 1904, Karlfeldt foi escolleito membro da Academia Sueca, ocupando a cadeira número 11. En 1905 foi elixido membro do Instituto Nobel da Academia e, en 1907, do Comité Nobel. En 1912 foi escollido para secretario permanente da Academia, posto que mantivo até a morte.
A Universidade de Uppsala, alma máter de Karlfeldt, galardoouno co título de Doctor honoris causa en 1917. En 1931 foi galardoado co premio Nobel de Literatura, honra que rexeitara en 1918.Karlfeldtsamfundet . Consultado o 12 de xaneiro de 2012.
Como poeta, acadou desde o principio gran popularidade, figurando hoxe en día como un dos máis poetas suecos máis importantes, dotado cun gran sentido do humor e da fantasía, como se reflicte en Fridolins visor (Baladas de Fridolín, 1898), en Fridolins lustgård (O xardín de Fridolín, 1901), Flora och Pomona (1906) e Flora och Bellona (1918). A natureza e a vida no campo acostuman ser os temas principais das súas obras.
Obras Vildmarks- och kärleksvisor (1895) Fridolins visor och andra dikter (1898) Fridolins lustgård och Dalmålningar på rim (1901) Flora och Pomona (1906) Flora och Bellona (1918) Hösthorn (1927)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía do Instituto Nobel
Categoría:Escritores de Suecia Categoría:Escritores en lingua sueca Categoría:Premio Nobel de Literatura Categoría:Nados en 1864 Categoría:Nados no condado de Dalarna Categoría:Finados en 1931 Categoría:Premios Nobel de Suecia Categoría:Alumnos da Universidade de Uppsala