300px|miniatura|Situación de Escocia en Europa. O goberno de Escocia, presidido por Alex Salmond, propuxo o 10 de xaneiro do 2012 a celebración dun referendo de independencia de Escocia, que se celebraría a máis tardar en 2014.
O goberno británico presidido por David Cameron declarou o mesmo xaneiro de 2012 que o referendo debería convocarse antes de 18 meses Cameron está dispuesto a ofrecer a Escocia un referéndum sobre independencia en La RegiónCameron, a favor de convocar el referéndum escocés cuanto antes en La Región e que tería que contar coa aprobación expresa do Parlamento británico para ser legal. O referendo foi precedido da aprobación dunha lei que permitiu a celebración da consulta vinculante que permitiría a independencia efectiva de Escocia do Reino Unido.
Os plans para celebrar a consulta remóntanse ao 2009, cando se programaron unha serie de consultas entre diferentes axentes escoceses para acadar os apoios políticos necesarios. O programa lexislativo que habería de permitir o referendo foi unha peza central das propostas lexislativas do Partido Nacional Escocés durante os anos 2009 e 2010, así como durante a campaña electoral para as eleccións ao Parlamento de Escocia de 2011, nas cales conseguiron uns resultados excelentes e a maioría absoluta no Parlamento de Escocia.
A idade legal para votar no referendo foi situada nos 16 anos no canto dos 18 habituais noutras eleccións en Escocia e no Reino Unido.16-year-olds likely to get the vote on Union split The Times Scotland
O referendo celebrouse o 18 de setembro do ano 2014 cun resultado favorable a unión co resto do Reino Unido cunha alta participación do 84'59% do censo. Os votos contrarios á independencia acadaron o 55'3% contra o 44'7% que votou a favor de se converter nun estado independente. Como consecuencia da derrota o primeiro ministro escocés, Alex Salmonds, dimitiu do cargo.
A pesar do resultado negativo á independencia, a importante cantidade de votos a prol da mesma fixo que o parlamento británico e o escocés pactasen un aumento das competencias deste último que se plasmaron na reforma da chamada lei de Escocia no ano 2016.
Tras o referendo sobre a permanencia na UE do Reino Unido, no que a maioría do pobo británico decidiu marchar da UE, o goberno escocés veu en pedir un novo referendo pola independencia de Escocia xa que en tódolos distritos electorais escoceses gañara a opción da permanencia na UE.
Antecedentes Non existen precedentes dun referendo de independencia realizado en Escocia. En 1979 realizouse un referendo para reinstaurar a asemblea lexislativa de Escocia trala súa suspensión en 1707 que non prosperou, mais que saíu favorable nunha nova consulta levada a cabo en 1997, o que supuxo a recuperación do Parlamento escocés.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Nacionalismo escocés Referendo escocés de 1979 Referendo escocés de 1997
Categoría:Independentismo escocés Escocia