150px|miniatura|Municipios do distrito do Banato Central. miniatura|150px|Mapa étnico do Banato Central (censo de 2002. miniatura|150px|Distritos de Voivodina.
O Banato Central (en serbio Средњебанатски округ, Srednjebanatski okrug), é un distrito do norte de Serbia, na povincia autónoma de Voivodina, na rexión do Banato. A súa poboación en 2011 era de 186 951 habitantes.Oficina Estatística da República de Serbia (en serbio), Consultada o 12/1/2012. A capital do distrito é Zrenjanin.
Nomes
Ademais do nome serbios citado anteriormente, o distrito coñécese en croata como Srednjebanatski okrug, en húngaro como Közép-bánsági körzet, en eslovaco como Sredobanátsky okres, en romanés como Districtul Banatul Central e en ruteno como Стредобанатски окрух.
Municipios
Nome Superficie(en km²) Poboación 2002 Poboación 2011 Statistical Office of the Republic of Serbia Consultada o 12/1/2012. Estatuto Žitište 525 Municipio Zrenjanin 191 Cidade Nova Crnja 273 Municipio Novi Bečej 609 Municipio Sečanj 523 Municipio Total
Demografía De acordo co censo de 2002, no distrito vivían: Serbios = 150 794 (72,33 %) húngaros = 27 842 (13,35 %) Romanís = 5,682 (2,72 %) Romaneses = 5 156 (2,47 %) Iugoslavos = 3 759 (1,8 %) Eslovacos = 2 495 (1,19 %) Outros = s/d
Cultura
No distrito hai moitos edificios que destacan pola súa beleza: a igrexa ortodoxa da Asunción, construída en 1746; a igrexa católica de Arač, que data do século XIII, e a catedral católica, de 1868.
Economía
A economía do distrito é diversa: industria, agricultura, forestal, industria da construción e transportes. La rama principal é a industria alimentaria, integrada no complexo industrial "Servo Mihalj" - Combine.
Outras industrias de produtos derivados da agricultura son a cerveceira "ZIP" DD, o DD "Luxol" industria química e do azucre.
Porén, moitas instalacións están en moi malas condicións, excepto a industria petroleira de "Dijamant" e a central leiteira de "Mlekoprodukt".
A cidade de Zrenjanin era o cuarto maior centro industrial da antiga Iugoslavia.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Banato (rexión histórica)
Ligazóns externas
backabanat.com
Categoría:Xeografía de Serbia