Eragon é unha novela escrita por Christopher Paolini é o primeiro libro da saga Inheritance Cycle, que comezou a escribir con 15 anos. Despois de escribir o primeiro borrador durante un ano, pasou un segundo ano re escribíndoo e dándolle contido á historia e ós personaxes. Os pais de Paolini viron o manuscrito final e decidiron auto publicar Eragon. Paolini pasou o ano seguinte viaxando polos Estados Unidos promovendo a súa novela. Por sorte, o libro foi descuberto por Carl Hiaasen, e foi publicado outra vez por Alfred A. Knopf. A versión re-publicada foi lanzada o 26 de agosto do 2003.
Adaptación ó cine
miniatura|220px|dereita|Fotografía aérea da montaña Ság, onde se recreou Farthen Dûr para a adaptación cinematográfica. A adaptación de Eragon foi estreada nos Estados Unidos o 15 de decembro de 2006. Foi dirixido por Stefen Fangmeier, e guionizado por Peter Buchman. Edward Speleers foi seleccionado para o papel de Eragon. Jeremy Irons, John Malkovich, Chris Egan e Djimon Gaston Hounsou foron os artistas que completaron o resto do elenco de actores. A rodaxe principal do filme tivo lugar en Hungría e Eslovaquia.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Eragon na Web Oficial Eragon na Wiki do ciclo Inheritance
Categoría:Novelas en inglés Categoría:Literatura infantil e xuvenil Categoría:Obras literarias de 2002